Civis Global completa o carril bici entre Vigo e Baiona

VIGO, 28/07/17.
CARRIL BICI EN LA CARRETERA NUEVA VIGO - BAIONA.
VIGO, 28/07/17. CARRIL BICI EN LA CARRETERA NUEVA VIGO - BAIONA.

Aspecto da zona de senda mixta para peóns e bicis construída xa por Civis Global nun tramo da PO-325.

7.09.2017

A compañía construtora galega Civis Global está a realizar as obras da senda para bicis e peóns entre os concellos pontevedreses de Vigo e Baiona, concretamente un pequeno tramo pendente de peonalizar entre Praia América e A Ramallosa. O traballo segue o trazado da PO-325, a estrada de conexión máis achegada á costa. O remate das obras está previsto para finais do mes de outubro.

O tramo pendente está situado entre o cruce de saída do paseo costeiro de Praia América e o inicio do paseo marítimo de A Ramallosa, enlazada coa vía de acceso ao miradoiro de Monte Lourido.

A obra completa unha aposta pola mobilidade iniciada coa participación noutro tramo da estrada PO-325, onde Civis Global construíra un carril bici e a senda peonil integrados nas obras de mellora dun tramo de 8 kilómetros, nos anos 2009-2013 .

A actuación actual incluirá ademais diversas obras de mellora, como a reorganización do tráfico da zona, a renovación de beirarrúas e melloras da rede de drenaxe, alumeado e comunicacións.

Toda a obra farase dentro do dominio público existente e sen que medien expropiacións. Para poder dispoñer de espazo para a nova senda eliminarase unha pequena medianeira que divide a calzada actual nesa zona e se urbanizan algunhas zonas nas marxes da estrada actual que neste momento están sen pavimento nin beirarrúas.

Civis Global é unha empresa construtora cunha actividade principalmente privada en sectores como o industrial e a construción de vivenda, pero mantén tamén actividade nos sectores públicos principalmente das infraestruturas medioambientais e viarias.