Civis Global constrúe a nova depuradora na zona vinícola de Rueda

localizacion

localizacion

Zona na que está situada a actual instalación de depuración de augas residuais en Rueda (Valladolid).

19.02.18

A construtora galega Civis Global executará as obras de construción dunha nova estación depuradora en Rueda (Valladolid), concello que neste momento afronta un déficit na súa capacidade de depuración, e o conseguinte problema ambiental do verquido de augas residuais aos leitos de auga da zona.

A obra ten carácter de urxencia para un sector vinícola en expansión nas últimas décadas e con novas necesidades de saneamento de caudais máximos en época de vendima.

Para poder manter as necesidades actuais de depuración, a actuación desenvolverase en dúas fases, simultaneando nun primeiro en momento a construción dos novos equipamentos co mantemento do sistema existente, que será finalmente substituído na segunda fase.

A nova instalación depuradora aportará melloras no proveso de saneamento de augas, cun sistema de pretratamento, un tratamento biolóxico e unha etapa final para tratamento de fangos, frente ao sistema actual de decantación en lagoas impermeables. A obra completarase coa correspondente rede de tubaxes para todo o servizo e a urbanización final da parcela.

Ademais a constructora asume como parte da súa cultura ambiental un compromiso de emisións cero neste proxecto: a empresa plantará unha superficie de case 20 hectáreas (200.000 metros cadrados), cunha masa forestal capaz de depurar 4.029 toneladas de CO2 cantidade equivalente á xerada pola construción e funcionamento da depuradora.

A obra pon de relevo a capacidade de Civis Global para afrontar a construción de infraestruturas que compatibilizan as demandas ambientais e o desenvolvemento industrial. A compañía galega ten ampla experiencia na realización de estacións de depuración de augas residuais (EDAR), tanto en Galicia como noutraszonas de España (Segovia ou Andalucía).

Dende o ano 2000 Civis Global ten implantados na súa xestión os sistemas de calidade e medio ambiente, certificados segundo normas ISO 9001:2000 e ISO 14001:2004.

Baixo estes sistemas de traballo, Civis Global márcase como obxectivo manter unhas políticas óptimas para a xestión ambientalmente sustentable e de calidade no proceso produtivo da empresa.