Civis Global constrúe dúas novas plantas de automoción en Portugal

MANGUALDE (PORUGAL), 131217. NAVE CONSTRUIDA POR CIVISGLOBAL EN MANGUALDE PARA GRUPO MAVIVA Y ANTOLIN.
MANGUALDE (PORUGAL), 131217. NAVE CONSTRUIDA POR CIVISGLOBAL EN MANGUALDE PARA GRUPO MAVIVA Y ANTOLIN.

As plantas construídas por Civis Global en Mangualde (Portugal) servirán para subministrar á factoría de PSA Peugeot Citroën.

15.01.18

O remate das dúas naves industriais en Mangualde (Portugal) para as empresas loxísticas de Lear e Maviva converte a Civis Global na empresa galega de construción máis destacada polas súas realizacións no campo da automoción. Entre 2016 e 2017 Civis Global construiu un total de 108.500 m2 de insfraestruturas para o sector en Galicia e Portugal.

As dúas naves realizadas en Mangualde están destinadas respectivamente á fabricación de pezas ou compoñentes da empresa multinacional Lear, e a loxística e almaceamento función que desenvolve a compañía galega Maviva. Deste xeito, a factoría viciña de PSA-Peugeot-Citröen asegura o fluxo dos materiais necesarios de produción en función das súas necesidades.

Trátase de construcións de 4.400 metros cadrados de superficie (a nave Lear) e 3.300 metros cadrados (a de Maviva) que agrupan zona de produción e zona de oficinas (de 900 e 300 metros cadrados de superficie respectivamente). Están realizadas en chapa metálica e cubertas tipo sándwich montadas in situ. As naves foron construídas cun aforro de tempo de case un mes sobre o prazo previsto (8 meses), grazas a unha planificación e xestión eficaz e tamén pola incorporación de maquinaria máis eficiente nalgunhas tarefas, como a construción de pavimentos empregando maquinaria láser para estirar o formigón, que permite operar sobre maiores superficies e optimiza o tempo de execución.

Civis Global continúa así a súa expansión no mercado portugués, onde ten desenvolto desde 2016 outros proxectos do sector automoción (para Antolín, en Valença do Miño) ou do frigorífico (para Marfrío, en Vilanova da Cerveira).