Civis Global constrúe para Marfrío-Atunlo en Vilanova da Cerveira

nave marfrio

nave marfrio

Planta de conxelados que Civis Global constrúe para Marfrío-Atunlo en Vilanova da Cerveira (Portugal).

21.11.2017

A construtora galega Civis Global amplía a súa carteira de obras no campo da industria do conxelado coa construción dunha prante para Marfrío/Atunlo no polígono industrial de Fulâo en Vilanova de Cerveira (Portugal).

A obra que Civis Global está executando é unha construción de 6.000 m2 de superficie, desenvolvida en dúas plantas, que estará dotada dunha cámara de conxelado con capacidade de 8.100 m3 . A instalación incluirá tamén unha zona de oficinas, almacén, vestiarios e outros servizos de case 2.000 m². A obra civil estará concluída cara o mes de marzo, tras o que se instalará todo o equipamento industrial necesario para o funcionamento da nova planta.

A instalación estará dedicada á elaboración, transformación, almaceamento e distribución de produtos alimentarios derivados do atún. Marfrío opera xa neste mesmo polígono cunha instalación industrial e agora ampliará a súa actividad aproveitando os servizos comúns xa construídos, como a planta de depuración.

Civis Global, compañía especializada no sector industrial privado, ten ampla experiencia na construción de instalacións para industrias do conxelado. En 2016 construiu a nave de Atunlo / Fandicosta na avenida de Beiramar en Vigo e desde marzo deste ano realiza a nova planta de Fandicosta en Domaio (Moaña), que substitúe á instalación anterior destruida por un incendio.