Civis Global constrúe un centro Eroski en Vilagarcía

Los trabajos incluyen la urbanización del solar, la nave e interiores y el vial de acceso.

Os traballos inclúen a urbanización do solar, a nave e interiores e o vial de acceso.

11.10.2018. Civis Global atópase na derradeira fase das obras de construción do novo supermercado Eroski de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), proxecto da empresa Avan, uns traballos que comezaron no mes de abril e que finalizarán en novembro.

As obras inclúen o acondicionamento e la urbanización do solar, duns 7.534 m2 de superficie, ademais da construción da nave, de 2.500 m2 no soto e 2.000 m2 na planta baixa, e a pavimentación e humanización do vial de acceso ao recinto, na rúa Cambados.

Elementos como a estrutura ou o cerramento da nave están xa finalizados, mentres que os traballos interiores como albanelaría, revestimentos e a base dos pavimentos estarán listos nunha semana.

Tamén están en proceso os traballos de canalizacións e pavimento de formigón semipulido do solar e os elementos máis visibles, como o establecemento de farois.

No vial da rúa Cambados, as obras de colocación de beirarrúas están en proceso e antes de finalizar o mes procederase ao asfaltado, que abarca dende o cruce coa rúa Camilo José Cela ata a rotonda.

Vegalsa-Eroski é un dos maiores grupos de distribución con sede en Galicia e opera fundamentalmente baixo as marcas Familia, Eroski e Cash Récord.

Civis Global é a maior empresa construtora con sede en Vigo, unha das cinco maiores construtoras de capital galego e a máis importante na construción de plantas industriais, sedes empresariais e instalacións comerciais.