Civis Global premiada pola súa baixa sinistralidade

DOMAIO, 24/10/17. CONSTRUCCION NAVE FANDICOSTA

DOMAIO, 24/10/17. CONSTRUCCION NAVE FANDICOSTA

Construción da planta de conxelados para Fandicosta, que Civis Global realiza en Domaio (Moaña).

08.11.2017

A construtora galega Civis Global recibiu hoxe o diploma que a acredita como a única construtora galega do seu tamaño con baixa sinistralidade laboral e que bonifica as súas cotas da Seguridade Social en base a súa política de prevención de riscos laborais.

Civis Global presenta un índice case dez veces por debaixo da media do seu sector  (0,14 fronte ao índice medio de 1,70 do sector construción en España). Civis Global está entre as poucas empresas do seu  tamaño que, desde hai 15 anos, conta cun servizo propio de prevención de riscos laborais, acreditado desde 2007 coa certificación OHSAS 18.001:2007.

O director da Mutua Gallega, Javier Flórez, entregou hoxe o premio á empresa presidida por Víctor del Canto. O recoñecemento inclúe unha bonificación nas cotas da Seguridade Social, “pola contribución eficaz e contrastable en materia de redución de sinistralidade laboral”. A acreditación esixe, ademais da baixa sinistralidade, a implantación de actuacións obxectivas  e eficaces en materia de prevención de accidentes de traballo e enfermidades profesionais.

Javier Flórez destacou que “entre as empresas co seu volume de plantilla, Civis Global é a única compañía construtora en Galicia que cumpre as esixencias para concorrer a este incentivo. Con esta acreditación queremos destacar o valor das inversións realizadas neste campo”. Víctor del Canto, referiuse a este recoñecemento como “un premio ao esforzo colectivo do departamento de Prevención, que ten conseguido colocar a loita contra a sinistralidade laboral no centro da nosa cultura empresarial”.