Civis Global sanea a bisbarra do río Morcín, en Asturias

Asturias-obra río Morcín

Asturias-obra río Morcín

A actuación desenvólvese nunha zona rural de Asturias onde residen unhas 4.000 persoas

11.12.2017

A empresa construtora galega Civis Global constrúe unha rede de colectores para recoller as augas residuais dos núcleos situados na conca do río Morcín, en Asturias.

As actuacións desenvólvense nunha zona de alto interese natural, nas cercanías do encoro de Los Alfilorios. A obra mellorará toda a contorna na que vive unha poboación rural de arredor de 4.000 habitantes e mellorará as súas condicións ambientais, xa que ata o momento a maior parte dos núcleos verquían directamente ao curso do Morcín.

As obras inícianse en febreiro de 2018 e teñen un prazo de execución de 23 meses. Ao longo do traxecto do Morcín instalarase unha rede de máis de 6 kilómetros de colectores para canalizar os verquidos dos núcleos rurais situados nunha cotorna de orografía complicada, que obligará a implantar solucións técnicas (pozos de resalto) para salvar as pendentes do trazado.

A instalación dos correspondentes pozos de rexistro, conexións e acometidas á rede existente completan os traballos desta obra, que contará tamén cunha serie de medidas corretoras medioambientais, como a reposición da capa vexetal ou a sementeira de praderías e mesmo a prantación de arborado de ribeira autóctono nas zonas de cruzamentos de ríos e regatos.

Civis Global ten desenvolto xa en Asturias otras actuacións no campo das infraestruturas públicas, como o proxecto de tratamento de augas para os ríos Villoria e Nalón, ou o mantemento da rede de estradas con obras no túnel de Fabares, na autovía A-64, entre Villaviciosa e Sariego, ou na estrada N-625, na zona de Cangas de Onís.