Civis Global une Gondomar e A Ramallosa por carril bici

NIGRAN (PONTEVEDRA), 191117. OBRAS CARRIL BICI - PEONIL ENTRE PRAIA AMERICA Y A RAMALLOSA, EJECUTADO POR CIVISGLOBAL.
NIGRAN (PONTEVEDRA), 191117. OBRAS CARRIL BICI - PEONIL ENTRE PRAIA AMERICA Y A RAMALLOSA, EJECUTADO POR CIVISGLOBAL.

Carril para peóns e ciclistas recentemente realizado por Civis Global na zona entre Praia América e A Ramallosa.

20.12.2017

A construtora galega Civis Global, tras rematar en tempo récord (aforrando un terzo do tempo previsto) o tramo final do carril bici entre Praia América (Nigrán) e A Ramallosa, emprende a construción do novo itinerario peonil e ciclista entre Gondomar e A Ramallosa, cun prazo previsto de nove meses desde o arranque das obras.

O novo carril bici A Ramallosa-Gondomar ten 4 quilómetros de lonxitude na marxe da estrada PO-340 e servirá para dotar o eixo Vigo-Nigrán-Baiona-A Guarda duna nova conectividade peonil e ciclista con Gondomar, nunha área periurbana de gran expansión residencial e turística.

A compañía Civis Global ten acreditada experiencia neste tipo de actuacións de rehabilitación de infraestruturas. As obras implicarán distintos traballos de reforzo de firmes, ademais de drenaxes e canalizacións de augas pluviais e canalización das conducións eléctricas e de comunicacións existentes. Nalgúns tramos o carril bici contará tamén cun área de axardinamento para delimitar o vial, que ademais conta en todo caso con elementos de separación da vía principal para o tráfico rodado.

Máxima seguridade

A construción da nova senda peonil e ciclista mellorará a mobilidade alternativa e combina traballos na zona periurbana de Gondomar e A Ramallosa, onde existen tramos de beirarrúas, pero sobre todo nas zonas interurbanas da estrada PO-340 onde as obras para o novo carril bici cruzan as moitas interseccións con outras vías secundarias.

Algunhas zonas quedarán reformadas para facilitar o tránsito de peóns e bicis entre os distintos itinerarios que conectan coa nova senda, preservando sempre a máxima seguridade mediante construción de refuxios para o cruce das vías e mesmo ampliación da calzada.

Aposta ambiental de Civis Global

A obra do carril bici de Gondomar – A Ramallosa é a segunda actuación en importancia realizada en Galicia, no marco do Programa Operativo Plan Feder Galicia 2014-2020, promovido pola Consellería de Infraestruturas e que conta con máis de vinte e cinco actuacións no ámbito da mobilidade alternativa.

Civis Global ten desenvolto xa distintas actuacións no campo da mobilidade sostible en Galicia. Entre as súas actuacións recentes destacan a estrada e o paseo de acceso ao faro de Ortegal, en Cariño (A Coruña), ademais do paseo fluvial del río Cabe en Monforte de Lemos (Lugo), ou a construción dos primeiros tramos do carril bici entre Vigo e A Guarda.