Civis Global


Civis Global é un grupo galego con sede en Vigo adicado á construción e servizos. Está especializada en construción de infraestruturas públicas (hidráulicas, estradas, portos) e privadas (naves industriais, edificios de oficinas), así como na rehabilitación de edificios e espazos urbanos e na prestación de servizos (abastecemento e saneamento de auga, servizos deportivos, mantemento de campos de fútbol). A compañía emprega 500 persoas e acada unha facturación de 40 millóns de euros.



Naceu en 1989 como firma especializada en obras hidráulicas, pero a finais dos anos noventa iniciou un período de expansión co obxectivo de converterse nunha empresa adicada á construción de todo tipo de obras de infraestrutura e tamén a obras privadas (industriais, oficinas e vivendas). Posteriormente, apostou por diversificar a súa actividade cara a negocios de concesións e servizos, así como por iniciar a súa expansión internacional. En 2012 cambiou de accionariado e adoptou a denominación actual.

En construción, a actividade de Civis Global, con case 1.500 obras executadas, concéntrase en dúas grandes divisións: infraestruturas e edificación, que a súa vez están integradas por diversas áreas coas que cubrimos a práctica totalidade dos campos do sector.

Na construción para clientes privados Civis Global traballa en catro grupos de actividade: construción e rehabilitación de edificios (residenciais e de oficinas); construción de naves industriais; construción de edificacións de servizos (centros deportivos, colexios, residencias de maiores, etc.); e obras de todo tipo de locais comerciais e vivendas.

Na división de concesións e servizos, a compañía presta servizo directo a máis de 120.000 clientes de servizos integrais de auga; servizos deportivos;e mantemento deportivo (campos de herba artificial) e de edificacións.
Civis Global traballa baixo o lema construimos entorno porque é consciente do seu papel na sociedade polo traballo que desenvolve. A compañía amosa unha gran concienciación e sensibilidade respecto do medio ambiente e iso vese reflectido no noso compromiso presente na planificación sustentable como parte das nosas obras, aplicando metodoloxías construtivas orientadas á creación de proxectos menos prexudiciais para o ambiente, socialmente equitativos e economicamente viables.

civis-global-cultura-empresarial

Internamente, a cultura empresarial de Civis Global resúmese nunha serie de valores para a organización:

• A mellor calidade e o mellor servizo para os clientes
• Respecto e traballo en equipo buscando a mellora permanente das persoas
• Seguridade das persoas de xeito efectivo e responsable
• Apoio ao desenvolvemento profesional e persoal, con políticas de información e formación axeitadas ás responsabilidades.
• Xestión eficaz mediante a colaboración interdependente. Civis Global aplica políticas de responsabilidade social corporativa, en materia laboral, de igualdade, compromiso medioambiental e transparencia informativa na súa comunicación interna.
A nosa compañía realiza accións especíicas en campos de:
• Conciliación laboral
• Apoio ao deporte de discapacitados, deporte feminino e plans sociais de participación popular
• Prevención da violencia de xénero: empresa con protocolo para previr e combater accións de violencia ou discriminación contra as mulleres
• Participación activa en campañas sociais (recollidas de alimentos, doazón de sangue)
• Políticas de aforro de enerxía, papel e auga nas súas instalacións
Dende o ano 2000 Civis Global ten implantados na súa xestión os sistemas de calidade e medio ambiente, certificados segundo normas ISO 9001:2000 e ISO 14001:2004. Baixo estes sistemas de traballo, Civis Global márcase como obxectivo manter unhas políticas óptimas para a xestión ambientalmente sustentable e de calidade no proceso produtivo da empresa.

Este compromiso coa sustentabilidade é un dos eixes da nosa planificación como empresa, pois é unha tarefa colectiva que implica a todos os membros da organización.

civis-global-calidad-medioambiente
Unha das prioridades de Civis Global é fomentar as boas condicións de traballo e a seguridade daqueles que fan realidade os proxectos da empresa. A Área de Prevención de Riscos Laborais implantou un servizo de prevención propio, que asume directamente as especialidades de seguridade no traballo, ergonomía e psicosocioloxía aplicada. Civis Global concertou cun servizo alleo as especialidades de hixiene industrial e vixilancia da saúde. O noso sistema de xestión da prevención está certificado coa OHSAS 18.001: 2007, dende o ano 2007. A finalidade do sistema é integrar a actividade preventiva no conxunto de actividades e decisións da empresa.

civis-global-calidad-medioambiente


Civis Global aplica unha actividade de investigación, desenvolvemento e innovación tecnolóxica de diferentes metodoloxías, ferramentas técnicas e de xestión para procurar o máximo nivel técnico nos procesos e servizos e ofrecer unha completa satisfacción ás necesidades dos nosos clientes.

Moitas das nosas realizacións incorporan solucións construtivas avanzadas ou contan coas últimas tecnoloxías para o funcionamento dos seus equipos de iluminación ou climatización, como as instalacións xeotérmicas ou o uso de enerxías renovables para o autoabastecemento enerxético.

equa
PORTUGAL
Acreditación oficial para construción pública e privada en Portugal

Civis Global está acreditada para operar en Portugal desde marzo de 2016, data desde a que posúe acreditación para acometer obras privadas por un importe de ata 5,3 millóns de euros en territorio luso.
Desde febreiro de 2017 a compañía construtora dispón tamén de acreditación para o mercado público. O Alvará de empreiteiro de obras públicas esténdese entre outras actividades á construción de edificios, a rehabilitación patrimonial, as vías de comunicación ou as infraestruturas.


Vista da nave construída por Civis Global en Valença para Antolín.

Nova planta industrial de automoción para Antolín en Valença

Civis Global realizou a planta que o grupo industrial burgalés Antolín construíu en Valença do Minho. O proxecto global doi a ampliación da capacidade do grupo automobilístico en Portugal, desde onde subministra compoñentes e loxística para diferentes fábricas de automóbiles instaladas en Portugal e España.
A nave ocupa unha superficie de case 11.000 metros cadrados e está situada no polígono industrial de A Gandra. Dispón dunha zona de almacén e de oficinas, ademais da zona central de produción e operacións de compoñentes do automóbvil.

Nova factoría de compoñentes de automóbil en Mangualde

Civis Global desenvolveu tamén unha planta de compoñentes do automóbil para o grupo español Antolín en Mangualde.



Aspecto do patio interior principal do edificio do Museo de Arte de Lima.

PERÚ Rehabilitación e mellora do Museo de Arte de Lima

As obras de rehabilitación e mellora do Museo de Arte de Lima (MALI) incluiu a reforma das principais salas de exposición, escaleiras, ventás e entradas. As obras quedaron inauguradas en setembro de 2015.

O Museo de Arte de Lima é un dos edificios históricos máis singulares de Perú declarado monumento histórico e Patrimonio Cultural da Nación e conta cunha das mellores coleccións de arte indíxena de Sudamérica.

Rehabilitación e accesos a San Pedro de Casta, enlace á zona de Marcahuasi

Dentro do denominado plan Copesco Nacional, Civis Global estivo encargada das obras de reforma e mellora do pobo andino de San Pedro de Casta, e tamén dos accesos e centro de interpretación da meseta de Marcahuasi, na cordilleira dos Andes, a unha altitude de ata 3.800 metros. Unha zona de gran interese turístico e a escasos 40 kilómetros da capital, Lima.


Unha zona rehabilitada en San Pedro de Casta.
civis-global-empleo

Se queres formar parte do equipo de profesionais de Civis Global, envíanos o teu currículo:

Nome (requerido)

Correo electrónico (requerido)

Asunto

Mensaxe

Adxunta o teu currículo (peso límite do documento: 2mb | Non se admiten arquivos comprimidos zip ou rar)

Lin e acepto a política de privacidade e protección de datos.