Internacional


O proceso de internacionalización de Civis Global avanza no mercado de Perú, onde ten desenvolvido xa diversos proxectos desde 2014. O máis destacado é a rehabilitación e mellora do Museo de Arte de Lima (MALI), un dos edificios históricos máis singulares de Perú, declarado monumento histórico e Patrimonio Cultural da Nación.


Unha das fachadas interiores do Museo de Arte de Lima (MALI), importante centro cultural da capital de Perú rehabilitado por Civis Global.

A compañía está acreditada ademais para operar no mercado de Portugal, capacitada para acometer obras privadas por un importe de ata 5,3 millóns de euros en territorio luso.
Rehabilitación e mellora do Museo de Arte de Lima

As obras de rehabilitación e mellora do Museo de Arte de Lima (MALI) incluíu a reforma das principais salas de exposición, escaleiras, ventás e entradas. As obras quedaron inauguradas en setembro de 2015.


Unha das fachadas exteriores do edificio do Museo de Arte de Lima.

O Museo de Arte de Lima é un dos edificios históricos máis singulares de Perú declarado monumento histórico e Patrimonio Cultural da Nación e conta cunha das mellores coleccións de arte indíxena de Sudamérica.



Rehabilitación e accesos a San Pedro de Casta, enlace á zona de Marcahuasi

Dentro do denominado plan Copesco Nacional, Civis Global estivo encargada das obras de reforma e mellora do pobo andino de San Pedro de Casta, e tamén dos accesos e centro de interpretación da meseta de Marcahuasi, na cordilleira dos Andes, a unha altitude de ata 3.800 metros. Unha zona de gran interese turístico e a escasos 40 kilómetros de capital, Lima.


Unha zona rehabilitada en San Pedro de Casta.
Acreditación oficial para construción pública e privada en Portugal

Civis Global está acreditada para operar en Portugal desde marzo de 2016, data desde a que posúe acreditación para acometer obras privadas por un importe de ata 5,3 millóns de euros en territorio luso.
Desde febreiro de 2017 a compañía construtora dispón tamén de acreditación para o mercado público. O Alvará de empreiteiro de obras públicas esténdese entre outras actividades á construción de edificios, a rehabilitación patrimonial, as vías de comunicación ou as infraestruturas.


Vista da estrutura da nave para automoción que Civis Global constrúe en Valença para Antolín.

A acreditación está expedida polo Instituto dos Mercados Públicos da Inmobiliaria e da Construción (Impic), organismo público que regula a calidade das empresas do sector para operar en Portugal.



Nova planta industrial de automoción para Antolín en Valença

Civis Global está a realizar a ampliación da planta que o grupo industrial burgalés Antolín constrúe en Valença do Minho. O proxecto global consiste na ampliación da capacidade do grupo automobilístico en Portugal, desde onde subministra compoñentes e loxística para diferentes fábricas de automóbiles instaladas en Portugal e España.
Neste momento esta rematada xa a construción da estrutura e cubertas da nave dunha superficie de case 11.000 metros cadrados. A instalación industrial está situada no polígono industrial de A Gandra e disporá dunha zona de almacén e de oficinas, ademais da zona central de produción e operacións de compoñentes do automóbil.



Nova factoría de compoñentes de automóbil en Mangualde

Civis Global ten iniciado os traballos de movemento e preparación de terreos para a construción dunha planta de compoñentes do automóbil para o grupo español Antolín en Mangualde. A obra adxudicada para a primeira fase inclúe os traballos previos de movemento de terras e preparación do terreo para levantar a nova planta industrial.