A obra consistiu na demolición e posterior restauración da antiga casa rectoral de Mos, unha edificación composta dun corpo principal e unha torre, que se atopaban en ruínas. Moitos dos pechamentos, muros, cubertas e forxados existentes non estaban en condicións de sustentación para restaurar a edificación.
A estrutura foi restaurada con vigas e correas de madeira, coas características orixinais para respectar a tipoloxía da edificación. As cubertas van sobre estrutura de madeira, con cerchas e correas, sobre as que se dispuxo un entramado de madeira, un taboleiro de fibrocemento e as tellas. Toda a carpintería exterior e interior foi realizada en madeira de carballo.
Obra:
Demolición de parte da edificación, desmontando pechamentos de pedra e restauración de fachada do edificio da rectoral de Mos (Pontevedra).
Lugar:
Mos - Pontevedra.