A obra consistiu na reforma global do edificio do mercado de O Progreso en Vigo (Pontevedra). A última fase da obra consistiu na contratación e execución das obras para os postos de venda dos comerciantes. Ademais instalouse un ascensor panorámico e se executaron as obras de impermeabilización e peche perimetral con varanda de aceiro e cristal da planta superior do edificio, unha praza accesible ao público.
Obra:
Reforma interior do edificio do Mercado de O Progreso e reforma da praza superior.
Lugar:
Rúa do Progreso. Vigo (Pontevedra).