
Vista panorámica do dique coas obras de ampliación en primeiro plano e ao fondo Castro Urdiales
6.5.2024
Civis Global avanza nos traballos de remodelación da estrutura portuaria para o dique exterior de Castro Urdiales. Coa execución da obra, a construtora galega aporta solucións técnicas que melloran notablemente esta infraestrutura en Cantabria.
Cos traballos en marcha, renóvase e amplíase a superficie útil desta construción marítima, aumentando os seus coeficientes de seguridade para adaptalos á normativa vixente, mellorando asimesmo a integridade da dársena vertical.
Durante varios meses realizáronse traballos baixo a superficie do mar para construír 3.000 m³ de espigón executados no banco. Sobre esa base, a nova estrutura constrúese con 14.000 m³ de formigón e unha extensión de 260 metros que conforman o novo dique.
A última fase desenvólvese avanzando en niveis, dispoñendo as postas cun tipo de encofrado deseñado expresamente para a obra.
Os traballos continúan para completar a execución da nova lousa da plataforma cun espesor de 50 cm, ampliando o ancho entre 2,50 e 3,70 metros, ata unha superficie final de máis de 3.000 m².



