10.11.2025
En Civis Global, estamos a traballar en UTE xunto a empresa con Seranco no espectacular proxecto “Peiraos do Solpor” no Porto de Vigo. Completamos con éxito a botadura da estrutura de observación submarina, construída no estaleiro Cardama, e o seu traslado ao paseo marítimo de Bouzas.
Agora estamos a comezar os traballos preliminares con este prisma octogonal de aceiro de 770 toneladas, peza central do observatorio submarino. Nesta fase, a estrutura mergúllase e reflótase para realizar probas de estanqueidade, antes das manobras finais de instalación no fondo mariño.
Paso a paso, avanza esta complexa pero emocionante construción: unha estrutura mariña con dúas pasarelas laterais na superficie que dan acceso a esta plataforma de observación submarina.
Esta instalación, orientada cara á boca da ría de Vigo e que ofrece vistas do solpor, permitirá aos visitantes viaxar ao fondo mariño.









