Civis Global rehabilita o histórico edificio Odeón de Lisboa

A obra inclui a rehabilitação integral do prédio e a construção de dez apartamentos de luxo e um restaurante.
La obra incluirá la rehabilitación integral del edificio y la construcción de diez apartamentos de lujo y un restaurante.

Os traballos, iniciados en decembro de 2018, culminarán a principios de 2021 coa rehabilitación integral do edificio e a construción de vivendas e un restaurante.

22.07.2018.

A construtora viguesa Civis Global avanza na obra de rehabilitación do edificio do cinema Odeón, no centro de Lisboa, un inmoble de arquitectura art decó de 1927 ubicado a 650 metros da Avenida da Liberdade da capital portuguesa. Os traballos, iniciados en decembro de 2018, culminarán a principios de 2021 coa rehabilitación integral do edificio e a construción de vivendas e un restaurante.

A obra contempla dez apartamentos de luxo que oscilarán entre os 120 e os 250 metros cadrados e un gran restaurante de 450 metros cadrados que manterá a estética do antigo cinema; e tres sotos de párking robotizado con 30 prazas de aparcamento.

A rehabilitación do edificio, situado a 650 metros da Avenida da Liberdade, conserva elementos patrimoniais como a envolvente, as fachadas e as galerías na zona exterior, e as arcadas, as barandillas e a boca de escena na interior. Para iso, xa se retiraron mostras dos elementos máis representativos para que poidan ser replicados e procedeuse á instalación de diversos equipos para monitorizar e non danar as fachadas e edificios veciños.

Civis Global en Portugal

A obra, promovida por Grand Odeon Properties LDA, é o quinto gran proxecto de Civis Global en Portugal –e o primeiro de tipo residencial–, e consolida o posicionamento da compañía galega no mercado luso despois de tres anos de traballos industriais maioritariamente vinculados aosector galego da automoción e o conxelado: a nave de conxelados de Marfrío en Vila Nova de Cerveira, as dúas plantas de automoción para Antolín-Lear en Mangualde e Valença do Minho e a planta de loxística e almacenamento para Ferrovial-Maviva en Mangualde.

Os traballos, iniciados en decembro de 2018, culminarán a principios de 2021 coa rehabilitación integral do edificio e a construción de vivendas e un restaurante.