Civis Global ultima a construción da nave do Centro Logístico Porto de Vigo

El centro, cuya finalización está prevista para este verano, contará con oficinas y una nave frigorífica de 1.500m2 que ya está terminada y que cuenta con un área logística con tres muelles de carga para camiones de transporte de pescado.
El centro, cuya finalización está prevista para este verano, contará con oficinas y una nave frigorífica de 1.500m2 que ya está terminada y que cuenta con un área logística con tres muelles de carga para camiones de transporte de pescado.

O centro, cuxa finalización está prevista para este verán, contará con oficinas e unha nave frigorífica de 1.500m2 que xa está rematada e que conta cunha área loxística con tres molles de carga para camións de transporte de peixe.

8.07.2019

Civis Global traballa na última fase da construción do novo centro de distribución de peixe de Centro Logístico Porto de Vigo, compañía participada maioritariamente polo grupo Coper (Atunlo). O centro, cuxa finalización está prevista para este verán, contará con 2.000m2 de oficinas na terceira planta e outros 2.000m2 na segunda para varios usos, ademais dunha nave frigorífica de 1.500m2 que xa está rematada e que conta cunha área loxística con tres molles de carga para camións de transporte de peixe.

As fachadas do inmoble foron forradas na súa totalidade con chapa de aceiro en cor azul e contan cunha celosía de deseño de fenólico fundermax en cor blanca.

A obra de Civis Global para Centro Logístico Porto de Vigo, iniciada en setembro, realízase nas antigas naves e oficinas das empresas de transformación de peixes e mariscos Pescapuerta e Pescanova, na intersección das rúas Beiramar e Jacinto Benavente.