Civis Global constrúe dúas sendas ciclistas e peonís en Gondomar-A Ramallosa e Poio

Trabajos de construcción del carril bici Gondomar-A Ramallosa

 

Trabajos de construcción del carril bici Gondomar-A Ramallosa

Traballos de construción do carril bici Gondomar-A Ramallosa

 21.09.2018. A construtora galega Civis Global habilitará un carril bici e senda peonil protexida no tramo que une Gondomar e A Ramallosa (PO-340), así como o que conecta en Poio a praia do Covelo, na parroquia de Samieira, e o CEIP de Espedregada, na localidade de Raxó (PO-308).

As obras de construción da senda mixta de Gondomar-A Ramallosa, de case 4 kilómetros de lonxitude, comezaron no mes de abril e rematarán previsiblemente a finais de ano.

Os traballos en Poio, que se concretarán nun tramo protexido para bicicletas e peatóns de 3,7 kilómetros, darán comezo en dúas semanas e a súa finalización está prevista nun prazo dun ano.

Ambas sendas mixtas, proxectadas nun tramo de arcén que transcorre xunto á estrada, facilitarán un novo espazo de desprazamento alternativo ao vehículo a motor, ademáis de incrementar a seguridade de ciclistas e viandantes.

Civis Global conta con ampla experiencia neste tipo de rehabilitación de infraestruturas, coas obras da senda para bicicletas e peatóns no eixo Vigo-Nigrán-Baiona-A Guarda, e que agora permitirá unha nova conectividade peonil e ciclista con Gondomar.