Civis Global dá voz á mellor arquitectura

Carme Pinos - ciclo arquitectura
Carme Pinos - ciclo arquitectura

A arquitecta Carme Pinós, durante a conferencia pronunciada en Vigo dentro do ciclo ‘Reflexións’.

1.03.17

O ciclo de conferencias Reflexións volveu encher a sede do Colexio de Arquitectos de Vigo co presencia de Carme Pinós, unha das grandes arquitectas no panorama mundial.

A serie de conferencias patrocinadas por Civis Global concentra a atención sobre as figuras máis representativas do ámbito nacional e internacional, para transmitir unha reflexión sobre a arquitectura ao través da visión máis persoal.

Carme Pinós, profesional recoñecida, profesora e galardoada con numerosos premios nacionais ou internacionais repasou, algún dos seus traballos destacados e definiu o seu traballo como un diálogo entre a estrutura e os condicionantes técnicos, e as necesidades do contexto no que a obra se ten que desenvolver. Pero a arquitecta barcelonesa sinalou que para ela que a arquitectura serve para crear un espazo que poida ofrecer experiencias aos usuarios.

O ciclo Reflexións iniciouse en 2016 cos arquitectos Creus y Carrasco e continuou con Emilio Tuñón en 2017. Ademais desta serie, a cooperación de Civis Global e o Colexio de Arquitectos no ciclo remóntase ao 2015 con Mesturas: encontros internacionais de arquitectura Galicia-Portugal e iniciouse en 2014 coa presenza de César Portela na serie de conferencias Grandes proxectos na cidade de Vigo.