Civis Global, premio Aproin 2018 ao mellor edificio de vivendas

portada Aproin 2018
portada Aproin 2018

Fachada do edificio premiado, construído por Civis Global na rúa Alfonso XIII de Vigo.

26.03.18

O edificio de vivendas realizado pola construtora galega Civis Global na rúa Alfonso XIII de Vigo, acaba de recibir o Premio Aproin 2018 Aproin ao mellor inmoble construído na provincia de Pontevedra durante o ano 2017. A Asociación de Promotores Inmobiliarios da provincia de Pontevedra (Aproin) leva 24 anos seleccionando e premiando as construccións de maior calidade en Pontevedra e este é o segundo ano consecutivo que premia algunha construcción de Civis Global. En 2017, o complexo deportivo construido por Civis Global para Máis que Auga en Navia (Vigo), foi galardonado como a mellor edificación non residencial.

O edificio Alfonso XIII foi construido para a empresa Gescomar. Trátase dun edificio para 12 vivendas e baixos comerciais con catro plantas de altura e baixo cuberta, ademais de dúas plantas de soto e planta baixa. O deseño é obra do arquitecto Clemente Sequeiros Estelo.

A obra resposta a unha tipoloxía moi habitual en Vigo, tanto polas súas dimensións como polo acabado en granito. A configuración actual respecta as liñas básicas e o material de fachada que o integra na contorna da rúa, pero modernizando o seu aspecto e prestacións con novos materiais e coa instalación dun ascensor de acceso a todas a plantas. Destaca o deseño dun patio interior que aporta luz e ventilación á construción e dá forma ao inmoble.

A compañía Civis Global desenvolve nestes momentos outros proxectos de construción de vivendas na cidade de Vigo, onde levanta un edificio de cinco plantas na zona da Alameda (rúa Luis Taboada) e constrúe un edificio de 11 vivendas no paseo marítimo de Bouzas para a cooperativa Residencial Bouzas. Na cidade de A Coruña Civis Global realiza tamén outra obra residencial para a inmobiliaria Solvia, na avenida de Fernández Latorre.