logocivisnormallogocivisnormallogocivisnormallogocivisnormal
  • O GRUPO
  • DIVISIÓNS
  • NOVAS
    • COMUNICACIÓN
  • AREA CLIENTES
  • TRABALLA CON NÓS
  • CONTACTO
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal
✕
Civis Global completa o túnel que soluciona o tráfico pola AC-12 en Oleiros
22/12/2023
conjunto de tuberías aisladas ocupando una zanja
Civis Global instala en Valladolid unha rede de calor sustentable baseada en biomasa
29/01/2024

Civis Global consolida o seu avance en servizos de infraestruturas co seu sexto contrato para conservación de estradas

Trabajadores colocando railes en la carretera

Trabajos de mantenimiento para instalar railes de seguridad en la carretera.

maquinaria y personal de trabajo en carreteras en una noche de nevada

Persoal de conservación de Civis Global actuando na autovía autonómica AG-53 para mantemento da vía nunha noite de nevarada.

4.1.2024

Civis Global pecha o 2023 co seu sexto contrato de mantemento de estradas demostrando así  a súa capacidade  no sector de infraestruturas. A empresa adxudicouse o contrato de conservación e mantemento das estradas nacionais do sector OR 03, na zona centro de Ourense. Un novo contrato que consolida o seu avance no sector servizos.

A zona de actuación abarca a autovía A-52 desde o centro de conservación en Allariz, ata os accesos a Ourense e enlaces coas autovías autonómicas AG-53 e AG-31.

Os traballos a realizar se desenvolven sobre un total de 96 km, cunha lonxitude de vías equivalente a 200 km.

O servizo de conservación que Civis Global realiza nesta zona inclúe todas as operacións ordinarias para manter, reparar ou facilitar a circulación no traxecto, ademais de traballos extraordinarios como as actuacións de emerxencia ou a atención especial en incidencias derivadas da climatoloxía.

Están tamén incluídas as eventuais obras menores para construción e mantemento das instalacións xerais necesarias.

Trabajadores colocando railes en la carretera

Traballos de mantemento para instalar barreiras de seguridade na estrada.

Potencia en servizos para a rede nacional

No área de Servizos, Civis Global atende á conservación doutras infraestruturas viarias dependentes do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, como a zona centro da provincia de Pontevedra (PO-02) cun total de 74 km, que inclúe a N-550 entre Caldas de Reis e Arcade, a N-541, e a autovía entre Pontevedra e Marín.

Tamén para o MITMA está en execución o contrato de conservación para o sector 03 en Asturias, con 55 km de autovías e 67 km de estradas convencionais, incluíndo 8,3 km de túneles, e que enlaza poboacións como Villaviciosa, Colunga, Xixón ou Nava.

A empresa desenvolve ademais as obras para a adecuación e mellora dos túneles das autovías e autopistas nacionais A-6 en Lugo (Galicia) e AP-66 (Asturias e Castela e León).

Conservación da rede autonómica e local

En Galicia, Civis Global xestiona para a Xunta de Galicia a conservación das autovías autonómicas AG-53 e 54, sobre un recorrido total de 25 km. en zona interior e de montaña.

No área provincial Civis Global ocúpase do mantemento e conservación das estradas do sector Sur da Deputación de Pontevedra, que inclúe as comarcas de Vigo, Condado-Paradanta e Baixo Miño.

Por outro lado e dentro tamén do área de infraestruturas, Civis Global desenvolve o contrato de Vías e Obras para o Concello de Vigo, que integra a conservación da rede viaria da maior cidade de Galicia, cunha superficie de 109 km2 e desde o 2026 Civis Global encárgase nunha UTE con Mantén do mantemento viario na cidade de Ferrol.


Civis Global es un grupo gallego con sede en Vigo dedicado a la construcción y servicios. Está especializado en grandes infraestructuras públicas y privadas, así como en la rehabilitación de edificios y espacios urbanos y en la prestación de servicios.

Vigo


Estrada de Madrid, 150, Local 1D. 36214 Vigo, Pontevedra.


986 48 11 00


info@civisglobal.com


Asturias


Avda. Pumarín 9 - 1º C. 33001 Oviedo.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Santiago


Avda. Rodríguez de Viguri 45.  15704 Santiago.


881 189 705


info@civisglobal.com


Castilla y León


Avda. Calle Propano 12 – Pol. San Cristóbal. 47012 Valladolid.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

A Coruña


Enrique Mariñas Romero 32. 5º 15009, A Coruña.


986 48 11 00


info@civisglobal.com


Portugal


242 Rua de Júlio Dinis 242
3º andar - Escritorio 301

4050-318 Porto
+351 936 364 953
info@civisglobal.com
© 2018 Civis Global | Política de Privacidad-Aviso legal | Política de cookies | Canal interno de información
Galego
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in settings.

Civis Global
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies