Zona da rúa Vía do Norte rehabilitada por Civis Global na actuación anterior en 2017.
29.05.18
A construtora galega Civis Global realizará a segunda fase das obras de reforma urbana na rúa Vía do Norte, de Vigo, que comunica a circunvalación de Travesía de Vigo coa rúa Urzáiz, eixo urbano principal cara o centro da cidade.
O proxecto inclúe o levantamento do firme e a substitución de todas as infraestruturas urbanas: abastecemento e saneamento de augas pluviais e fecais, rede eléctrica, de alumeado e semafórica e restitución da rede de telecomunicacións existente. Tamén inclúese o cambio das beirarrúas, que se ampliarán e contarán con zonas axardinadas e illlas para os colectores de lixo.
A obra realízase en dous tramos da rúa Vía do Norte: desde a rúa Urzáiz ata a rúa escultor Gregorio Fernández pola beirarrúa sur e, na beirarrúa norte, desde a rúa Canadelo Alto ata a rúa Párroco José Otero, vial que será totalmente rehabilitado. No primeiro tramo toda a beirarrúa que da a estación do AVE queda pendente da execución do proxecto do arquitecto Thom Mayne para a zona.
O prazo de execución para o proxecto é duns dez meses e as obras permitirán concluír a rehabilitación urbana da zona, tras a primeira fase realizada en 2017. Civis Global ten desenvolto numerosas obras de rehabilitación urbana en distintas zonas de Vigo, Redondela e Nigrán.