Obras para o ensanche da vía na estrada AS 233 en Asturias
7.8.2020
Civis Global continúa as obras na estrada AS 233 entre Trubia e Los Campos, en Asturias. É un traballo realizado nunha UTE xunto a Osyko e Pavitek para remodelar a vía cun ensanche xeral que inclúe ademais varios cambios de trazados e o acondicionamento completo dun tramo duns 7 kilómetros. Unha das actuacións máis importantes é a realización da rotonda en Escamplero, que servirá para reorganizar o tráfico de cinco estradas locais.
O obxectivo é mellorar a comunicación nunha zona rural especialmente complicada para a circulación e para os viandantes xa que a vía dá servizo a pequenas localidades como El Escamplero, Granda ou Trubia, a unha distancia duns 10 kilómetros da capital Oviedo.
Civis Global desenvolve en Asturias unha actividade estable para conservación e reparación de estradas e obras de saneamento e acondicionamento en zonas fluviais.