5.3.2026
En Civis Global estamos moi interesados en compartir experiencias cos e cas futuras enxeñeiras. Nestes días temos participado no “Foro de Emprego ETSICCP 2026”, un encontro anual da Fundación de Enxeñería Civil de Galicia, celebrado na Universidade da Coruña.
O foro reúne a empresas de construción, servizos de enxeñería e institucións do sector co alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñería, desde os primeiros cursos aos másteres de especialización.
Sempre é unha oportunidade inmellorable para compartir e contrastar conceptos, proxectos e expectativas laborais dos e das que inician a súa andaina no campo da enxeñería. En Civis Global estamos moi satisfeitos de poder contribuír cunha visión baseada na experiencia construtiva.






