17.03.2017
A construtora viguesa Civis Global foi recoñecida pola súa política de prevención da violencia de xénero no ámbito laboral, por ser unha das primeiras empresas de Vigo en asinar o protocolo e pola presencia da muller en postos de responsabilidade da compañía (o 53% dos 358 profesionais do grupo Civis Global son mulleres).
O presidente de Civis Global, Víctor del Canto, recolleu a distinción nun acto oficial celebrado en Santiago de Compostela e que contou coa la presenza do presidente da Asociación Española de Auditores Socio-Laborais, Juan Pañella, a delegada do Goberno para a violencia de xénero, María José Ordóñez, a presidenta do Observatorio contra a Violencia de Xénero do Consello Xeral do Poder Xudicial, Ángeles Carmona e o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda.
Civis Global é tamén a única construtora galega recentemente certificada como Empresa xeradora de riqueza 2016 polo servizo Ardán del Consorcio da Zona Franca de Vigo, en base a súa aportación de valor engadido, remuneración de empregados e pago a proveedores.
A distinción contra a violencia de xénero premia a política da empresa no ámbito da igualdade. Civis Global asinou en 2016 un protocolo de prevención e actuación diante de casos de violencia de xénero no que establece unha cultura de sensibilización e tolerancia cero, incorporando a loita pola igualdade como un valor empresarial de responsabilidade social.