A E.D.A.R. de Esteiro é unha depuradora biolóxica de aireación prolongada con capacidade para dar servizo a unha poboación de 5.500 persoas. Xunto coa estación construiuse unha rede de colectores xerais duns 2.5 kilómetros e un emisario submarino, que supuxo unha condución de desaugadoiro de 500 m. instalada baixo o mar.
Obra:
Construción e explotación de colectores xerais e estación depuradora de augas residuais de Esteiro.
Lugar:
Muros (A Coruña).