A obra consistiu na construción dunha nova estrada que mellore a actual existente. O trazado das obras ten unha lonxitude total duns 5 km, e se constrúe na súa totalidade no termo municipal de Crecente, na parroquia de Filgueira, con características de C-60, discurrindo paralela ao río Miño, atravesando numerosas vaguadas por unha zona de orografía complicada que ocasiona importantes volumes no movemento de terras resultante.
Obra:
Acondicionamento da estrada PO-401, tramo Filgueira-límite provincia de Ourense. (Pontevedra).
Lugar:
Filgueira, T.M. Crecente (Pontevedra).