A actuación abarcou un ámbito de máis de 14.000 metros cadrados e incluiu a rexeneración e peonalización do borde litoral do río, a ordeación dos usos, limitando os accesos de tráfico e habilitando unha zona para a pesca; a creación dun acceso á praia desde a fortaleza, dun graderío-miradoiro para gozar das panorámicas do río e de dous equipamentos: un centro de interpretación da fortaleza e un núcleo de baños e salvamento.
Obra:
Recuperación ambiental e posta en valor da contorna da fortaleza e praia fluvial de Goián (Tomiño).
Lugar:
Goián (Tomiño).