É unha actuación en 3 edificios, cunha superficie total de 1.1197 m2. A obra da Lonxa consistiu no acondicionamento, mellora e ampliación das instalacións existentes destinadas ao comercio dos produtos pesqueiros, ampliando a zona de poxas e dotando á zona administrativa dun mirador. A nova Estación Marítima é un pequeno edificio que acollerá a venda de billetes para as diferentes rotas en barco, unha pequena tenda de materiais relacionados co mar e un servizo de cafetería cuns aseos. O edificio de servizos é unha combinación de 2 volúmes, un dedicado a vestiarios e outro a servizos de almacén e garaxe, unidos por un terceiro máis baixo que funciona como espazo exterior pechado. Todo elo nunha única planta baixa a pe de peirao.
Obra:
Edificio de servizos, Estación Marítima e reforma e ampliación da Lonxa de Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Lugar:
Vilanova de Arousa (Pontevedra).