A instalación deportiva Máis que Auga Navia, con 5.570 metros cadrados de edificación, está pensada como unha instalación transparente e adaptada ás pendentes de Navia. O centro aproveita ao máximo a iluminación e ventilación naturais, buscando o confort cara adentro e cara fora. O proxecto inclúe a urbanización da parcela na que se ubica o centro deportivo. Na zona de acceso ao edificio destaca unha gran praza pública que conta cun espazo destinado a parque infantil.
Obra:
Deseño e construción do Centro Deportivo “Máis que Auga” en Navia.
Lugar:
Vigo.