A obra realizada foi a construción dunha nave industrial para fabricación de equipamento do sector do automóbil, para o grupo de empresas Antolín-Lear. Tras realizar o movemento de terras (45.727 m3 de excavación e terraplén) e a construción de cimentacións, a nave realizouse en estrutura metálica con muros de formigón prefabricado e unha cuberta de panel sandwich (10.102 m2). A planta ten unha nave de produción e unha zona de oficinas. Dispón de 8 peiraos de carga. A superficie total é de 11.000 metros cadrados.
Obra:
Nave de fabricación de compoñentes do automóbil para Antolín-Lear.
Lugar:
Valença do Miño (Portugal).