A obra consistiu na creación dun Centro expositivo ao servizo do Museo Quiñones de León co obxectivo de obter un espazo para os fondos pictóricos e escultóricos do museo á vez que se rexenera urbanística e ambientalmente un lugar clave no Casco Histórico de Vigo. Efectuouse unha completa rehabilitación do edificio principal, no número 8 da rúa Abeleira Menéndez, un pazo do século XVII, ao que se lle anexionaron os dous inmobles lindantes.
Obra:
Obras de execución do proxecto de rehabilitación de edificio para a ubicación da pinacoteca do Concello de Vigo.
Lugar:
Vigo.