As obras consistiron na execución dunha pranta de reciclaxe de RCD con dúas zonas de actuación diferenciadas: Unha primeira chamada “Zona de instalacións de reciclaxe” (con báscula de pesaxe, caseta de oficina con todos os servizos e posto de persoa traballadora) e unha segunda zona chamada “Zona de acopios”, na que se reúnen os materiais reciclados á espera do seu transporte.
Obra:
Construción de infraestrutura ambiental e depósito de residuos, para a xestión de RCD en Sanxenxo (Pontevedra).
Lugar:
Sanxenxo (Pontevedra).