A obra consistiu na construción dun novo edificio para residencia de persoas asistidas e a reforma integral do centro xa existente, quedando unidos mediante dúas novas pasarelas. O edificio existente era unha instalación en total funcionamento na que se realizou unha reforma parcial con demolición interior completa e realización de novos acabados e instalacións, deixando unicamente sen actuación fachadas e estruturas.
Obra:
Reforma e ampliación dun nuevo edificio para módulo residencial de persoas asistidas na Residencia de Maiores de O Carballiño (Ourense).
Lugar:
O Carballiño. Ourense.