
Execución na rede nacional de estradas para reordenación e mellora do tráfico urbano na confluencia da AC-12 co centro de Oleiros (A Coruña).
Construción dun túnel para o paso inferior do fluxo principal de tráfico na AC-12 e glorieta superior para distribución do tráfico local.
O túnel, cunha lonxitude de 320 metros, é unha estrutura apoiada de 4.819 m² executada con pantallas de pilotes, para dar soporte ás vigas de formigón pretensado que sosteñen a lousa superior, sobre a que esta situada a rotonda.
A obra inclúe ademais a reposición de todos os servizos ao longo de todo o tramo de obra, de arredor duns 600 metros.
Obra:
Construción de túnel e glorieta para tráfico na AC-12 en Oleiros (A Coruña).
Lugar:
Oleiros (A Coruña).







