Civis Global constrúe o primeiro supermercado de Vegalsa-Eroski en Vilagarcía

foto obra vilagarcia eroski
foto obra vilagarcia eroski

Traballos de acondicionamento do terreo previos ao inicio das obras de construción.

29.05.2018

 

A construtora galega Civis Global levantará unha nave para o grupo Vegalsa-Eroski en Vilagarcía de Arousa, nunha parcela situada na avenida de Cambados, esquina rúa Pablo Picasso.

As obras comprenden a preparación completa do terreo nunha parcela duns 7.534 m2 de superficie, destinada no plantexamento urbano ao uso comercial, aparcadoiros, beirarrúas e vías privadas. A construción do supermercado ocupa arredor de 2.000 m2.

As obras de urbanización realizadas por Civis Global comezaron pola adaptación do terreo, creando firme de asentamento nunha zona con terreo húmedo, filtracións e varios cursos de auga. Unha vez acondicionada a parcela executaranse a cimentación e estrutura con peche da nave, que consta de planta baixa e soto para aparcadoiro.

Ademais da edificación do centro comercial, a obra inclúe a realización de todos as vías de acceso, incluída a reforma dun pequeno tramo da avenida de Cambados, que será remodelada con ocasión deste proxecto para Vegalsa-Eroski e  a execución dun tramo de colector que vai polas rúas Travesía de Pablo Picasso, Castriño e Duque de Terranova.

Vegalsa-Eroski é un dos maiores grupos de distribución con sede en Galicia que opera, fundamentalmente baixo as marcas Familia, Eroski e Cash Récord.

Civis Global é a maior construtora con sede en Vigo, unha das cinco maiores construtoras de capital galego e na actualidade a máis importante na construción de plantas industriais, sedes empresariais e instalacións comerciais.