Civis Global renova o saneamento na zona do río Nalón en Asturias

Foto-rio-Nalon-El-Condado

 

El río Nalón a su paso por el municipio de Laviana, en Asturias.

O río Nalón ao seu paso polo municipio de Laviana, en Asturias.

14.09.2018
A empresa construtora galega Civis Global reformará a rede de saneamento entre os lugares de El Condado e Entralgo, no municipio asturiano de Laviana. O colector xeral ao que afectan as obras discorre á beira do río Nalón e canaliza as augas residuais tanto de Laviana como doutros municipios achegados como Sobrescobio e Caso.

A rede de colectores conta cun conxunto de 92 pozos de rexistro que deben ser reformados para evitar os actuais problemas de filtración detectados na rede e que poden acabar afectando ao propio río Nalón. O conxunto da infraestrutura ambiental está repartido en 52 pozos da rede xeral e outros 40 da rede secundaria, construidos en 2002.

As obras inclúen a excavación dos pozos actuais, a preparación da superficie a restaurar e a instalación dos novos elementos de substitución. A situación de moitas das instalacións obriga a meticulosas tarefas de traslado do material de excavación para devolver o terreo ao seu aspecto orixinal, recubrindo a superficie con terra vexetal.

A execución deste proxecto conta cun prazo previsto de case dous anos con actuacións ao longo de todo o percorrido da rede. O municipio de Laviana conta cunha poboación que supera os 13.000 habitantes. A obra permitirá mellorar o saneamento de seis núcleos de habitantes, cunha poboación dispersa de máis de 2.500 persoas.

Civis Global vén de realizar diversas obras de mellora e acondicionamento ambiental, como a instalación de varias estacións depuradoras en Galicia. Na actualidade traballa na construción da nova depuradora de Rueda, en Valladolid.