2.4.2024
Coa reforma urbana da rúa Igrexa en Ferrol, Civis Global cumpre un dos seus principais fitos nun área de traballo na que acredita unha maior experiencia construtiva.
Co obxectivo de remodelar esta céntrica área urbana de algo máis de 11.000 m², a execución reforza o carácter peonil e realiza unha reforma integral dos servizos e conducións existentes.
A rúa Igrexa esténdese ao longo de oito mazás, co típico trazado rectilíneo sobre unha cuadrícula urbana de Ferrol, proxectada a finais do século XVIII e executada ao longo do XIX.
O recorrido de cerca de 1 km está cheo de puntos de referencia para a cidade como son a Concatedral de San Xiao, o Teatro Jofre, a Praza da Constitución ou o Mercado da Peixería, do arquitecto Ucha.
A obra execútase neste ámbito de protección co correspondente seguimento arqueolóxico, para asegurar a eventual protección de elementos patrimoniais. A actuación implica un traballo preciso de escavación para retirar e logo repoñer antigos pavimentos de granito tras renovar as redes e conducións de los distintos servizos.
A rúa mantén o seu uso mixto, co tráfico no centro pero reforzando o uso peonil amplas zonas de beirarrúas de catro metros de ancho nun dos laterais e dous metros noutro. Un pavimento en formigón pulido, deixa á vista a textura de pedras que dá un carácter máis visual ao firme.
O mobiliario urbano instalado recupera os tradicionais bancos isabelinos con patas de forxa e asentos con lamas de madeira, típicos na zona do Ensanche ferrolán. O contraste o marcan uns farois de deseño moderno con iluminación a base de leds.
O arborado utilizado, ademais de aportar un elemento natural ao conxunto, ten sido ordeado manzá a mazá, alternando distintas especies como o arce, o liquidámbar ou as camelias e dando así un aspecto máis variado á rúa.
Con esta actuación Civis Global engade un novo fito a unha longa traxectoria en renovación e reforma urbana, que no caso de Ferrol inclúe xa outras obras tan destacadas como a reforma da Plaza de Armas.