logocivisnormallogocivisnormallogocivisnormallogocivisnormal
  • O GRUPO
  • DIVISIÓNS
  • NOVAS
    • COMUNICACIÓN
  • AREA CLIENTES
  • TRABALLE CON NÓS
  • CONTACTO
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal
✕
Civis Global mantén a actividade nas súas obras
16/03/2020
Civis Global inicia a volta á normalidade
13/04/2020

Civis Global reconstrúe en Ferrol a nova Praza de Armas

arboles-bancos6.4.2020

Ferrol recupera a Prazas de Armas coa reforma e remodelación desenvolvida pola UTE de Civis Global e Prosema. O novo aspecto da zona é o resultado dunha obra de reconstrución urbana realizada a partir do proxecto de Carlos Pita, vencedor do concurso municipal para acometer a obra.

Desde a súa construción, a praza foi ideada como un espazo de encontro e comunicación cidadá. A reforma permitiu recuperar o aliñamento coas rúas Terra, Real e Rubalcava que rodean a praza, que agora se adapta á orografía en declive do terreo e queda integrada visualmente no conxunto urbano.

A zona que comunica co edificio do Concello está delimitada por un lousado de granito que cobre uns 2.000 m². Conta con zonas diferenciadas e distintos grosores de material para uso peonil e acceso rodado respectivamente. O espazo está rematado con pequenas ramplas para comunicar coas rúas Terra e Rubalcava.

A construción do Pazo Municipal en 1956 reducira o cadrado inicial aos 7.000 m² actuais. Quedara alterada tamén a planimetría do século XVIII, ao engadir unha zona de aparcamento soterrada que levantou o terreo para gañar espazo e aloxar unha serie de locais comerciais e unha cafetería no límite coa rúa Real.
Para desenvolver a obra realizáronse exhaustivos traballos de escavación e demolición de todos os elementos engadidos, antes de proceder á nivelación e urbanización do conxunto, sobre un volume aproximado de 4.400 m³.

O resto da praza é un área duns 3.000 m² onde destaca un novo pavimento de aspecto terroso e permeable, formado por unha mestura de terra e aglutinantes, aplicada por primeira vez en España. A praza consegue manter así un piso seco en conxunto, independentemente da diversidade de materiais aplicados nas distintas zonas. Este área de aspecto terroso está rodeada por un corredor de case 3 metros de ancho formado por antigas lousas de cantería recuperadas na zona de obra.

Gracias ao uso de materiais diferenciados o conxunto presenta unha grande diversidade visual e un aspecto natural, ao tempo que mantén a súa funcionalidade. A elo contribúe tamén a plantación de zonas de arborado distribuído para acoutar a praza e ofrecer zonas de sombra e descanso.

Destacan en particular os 21 tilos de vinte anos transplantados á zona inferior ata o límite coa rúa Real. Para o mobiliario urbano recuperáronse da zona ferrolá dos Cantóns os tradicionais bancos dobres de madeira sobre estrutura de ferro, dándolle uniformidade ao conxunto.

A reforma da Praza de Armas
Premio FAD 2021 "Ciudad y Paisaje"


Civis Global es un grupo gallego con sede en Vigo dedicado a la construcción y servicios. Está especializado en grandes infraestructuras públicas y privadas, así como en la rehabilitación de edificios y espacios urbanos y en la prestación de servicios.

Vigo


Estrada de Madrid, 150, Local 1D.
36214 Vigo, Pontevedra.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

A Coruña


Enrique Mariñas Romero 32. 5º
15009, A Coruña.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Asturias-Castilla y León


Avda. Pumarín 9 - 1º C.
33001 Oviedo.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Portugal


Avda. Miguel Dantas -Edif. Status, 1 andar, Loja 344930-678 VALENÇA.
986 48 11 00
info@civisglobal.com
© 2018 Civis Global | Política de Privacidad-Aviso legal | Política de cookies
Galego
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in settings.

Civis Global
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies