
Un momento da intervención de Civis Global nunha xornada de traballo da aceleradora tecnolóxica Habitat Tech.
30.5.2025
Como empresa construtora que lidera áreas claves no sector, Civis Global afronta os retos dun entorno de innovación moi competitivo e en constante evolución tecnolóxica.
Para intensificar a súa aposta pola innovación Civis Global traballa incorporando as mellores solucións, aplicando modernos programas e metodoloxías de traballo. Froito desta orientación é a súa participación nas sesións de desenvolvemento do programa Habitat Tech, en colaboración con Kaleido, empresa líder en metodoloxías para innovación.
Durante a súa participación nesta aceleradora tecnolóxica, xunto a outras empresas relacionadas co sector, a empresa construtora fixou o foco nos retos da robotización de determinados procesos construtivos, para sumalos a outros nos que xa emprega estes sistemas, permitindo melloras en eficiencia ou seguridade.
Entre as aplicacións que ofrecen este tipo tecnoloxías está a automatización de tarefas repetitivas, como algunhas da fase de acabados en edificación, e tamén o emprego de sistemas automatizados para o desenvolvemento dun mantemento preditivo.
Para Civis Global a clave está na incorporación de solucións rápidas e eficaces, nos prazos que esixe un entorno tan competitivo como o actual. O programa Habitat Tech funciona como un ecosistema enfocado ao desenvolvemento e cunha metodoloxía baseada no traballo colaborativo con outras empresas vinculadas co sector construtivo.



