
Fachada principal do Club Marítimo de Canido, coa zona de ampliación en primeiro termo.
26.5.2025
Coa reforma do edificio do Club Marítimo de Canido, Civis Global executa unha ampliación que mellora os servizos que presta á sociedade deportiva.
Os 400 m2 construídos permiten gañar espazo para construír a nova cociña do restaurante, renovando todo o seu equipamento e engadindo unha cámara frigorífica.
A obra engade ademais unha nova terraza na zona sur da primeira planta, cunhas espectaculares vistas sobre o mar e as Cíes.
Tamén constrúense novos baños e adaptacións para uso do persoal laboral.
Na planta baixa créase un espazo para vestiarios e unha zona de uso deportivo para embarcacións. Por último comunícanse ambas plantas con escaleiras e un ascensor de acceso á zona de servizo.



