A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, no acto de presentación de Constrúate.
3.6.2021
A construtora Civis Global patrocina e colabora na posta en marcha do proxecto Constrúate co que a Fundación Laboral da Construción en Galicia ofrece ás empresas e traballadores un servizo para a formación e incorporación de xente nova ao sector da construción.
Á presentación desta iniciativa para impulsar unha contratación de calidade asistiu a conselleira de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, María Jesús Lorenzana; o presidente da Fundación, Diego Vázquez Reino; así como representantes de empresas asociadas e principais sindicatos.
En palabras do presidente territorial da Fundación Laboral da Construcción, Diego Vázquez Reino, “Constrúate impulsa a contratación ao ofrecer ás empresas unha redución dos custes de formación, ao tempo que permite aforrar en cotas de Seguridade Social e outras bonificacións”.
Para os novos é unha oportunidade de ampliar a súa experiencia laboral con emprego remunerado e de calidade.
Como resume Víctor del Canto, presidente de Civis Global, “é unha iniciativa de formación que facilita ás empresas e traballadores os recursos para facer posible un sector máis profesional, seguro, capacitado e con futuro”.
Civis Global é unha empresa construtora galega entre cuxos compromisos está o fomento do emprego e o apoio ao desenvolvemento profesional e persoal, con políticas axeitadas de información e formación.