Un empregado de Civis Global durante a construción dunha nave industrial.
4.11.2020
Civis Global mantense en 2020 entre as empresas con mellores prácticas empresariais. A empresa construtora consegue dous novos indicadores como Empresa Circular e Empresa Innovadora no ránking que cada ano publica o servizo de información empresarial ARDÁN, de Zona Franca de Vigo.
Os indicadores son certificacións obtidas a partir de criterios medibles. No caso da Innovación avalíanse entre outros o esforzo e a intensidade para a innovación, así como a capacitación a organización ou a produtividade laboral.
Para establecer a Circularidade dunha empresa aténdese ao seu grao de desenvolvemento e integración dunha cultura circular auditable, os sistemas de loxística inversa e a cooperación e conciencia circular entre a empresa e os seus provedores.