Vista da espectacular fachada da nova edificación para o Colexio Lar en Mos.
20.6.2022
O novos edificio que Civis Global constrúe en Mos completará as instalacións do Colexio Lar xunto á autovía A-55 en Puxeiros. Trátase dunha construción de planta triangular, pechado en formigón prefabricado, a excepción dun módulo de fachada ventilada rematado en composite.
Cunha superficie de 2.115 metros cadrados, a edificación consta de tres plantas con 4 aulas e despachos para usos educativos, unha planta baixa con recepción e cafetería, ademais de aproveitamento baixo cuberta para sala polivalente e eventos. O semisoto está dotado de espazo para almacenaxe e outras instalacións para necesidades específicas de formación.
Con este edificio anexo o colexio conta agora con novas dependencias para albergar aulas de formación profesional e servizos complementarios ofrecidos polo centro escolar.
As obras en marcha permiten manter as previsións de ampliación de instalacións educativas do centro para o inicio do vindeiro curso.