
Oficinas centrais de Civis Global, en Vigo.


Oficinas centrais de Civis Global, en Vigo.
16.05.2017
A construtora galega Civis Global desenvolve desde 2014 un programa de modernización destinado ao área de Proxectos e Licitacións que lle permitiu mellorar o resultado no caso do acceso á obra pública.
A experiencia de Civis Global foi presentada como un caso de éxito na posta en marcha dos plans de innovación na Xornada sectorial Re-acciona TIC: novos retos no sector da construción, que tivo lugar o 16 de maio en Santiago. O acto reuniu directivos e responsables de departamentos de empresas vinculadas ao sector para asistir a unha serie de ponencias especializadas. A xornada serviu de presentación da segunda fase da iniciativa Re-acciona TIC do Igape para o fomento da economía dixital.
Como explicou Sarai Aguirre, xefa de Produción de Civis Global, “o impulso de renovación e reorientación da actividade da empresa cara o campo privado incluíu a incorporación de procesos dixitalizados en moitos campos de actividade, desde o uso de software BIM de información simultánea e en 3D de todos os aspectos materiais da construción, ata creación de webs colaborativas para compartir información entre equipos”.
Desde a crise da construción a compañía construtora está enfocada ao sector industrial e de edificación privadas, pero mantén o seu esforzo destinado a concursos de obras públicas que decidiu modernizar. A mellora do sistema para licitación pública contou co asesoramento externo a través do programa Re-acciona. Un equipo de traballo analizou durante seis meses o sistema mediante visitas e reunións cos profesionais implicados. Tras o correspondente diagnóstico establecéronse unha serie de protocolos que finalmente melloraron o éxito dos proxectos presentados para licitación pública baseándose nun proceso máis selectivo.
Civis Global é unha empresa construtora que no sector industrial privado leva feito nos últimos anos máis de 150.000 metros cadrados de instalacións (naves, edificios de oficinas, plantas pesqueiras) e tamén edificios empresariais (sede CITIC-CENSA, Centro de Iniciativas Empresariais de Porto de Molle ou a sede da Fundación Real Club Celta).
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.
Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Más información sobre nuestra política de cookies