logocivisnormallogocivisnormallogocivisnormallogocivisnormal
  • O GRUPO
  • DIVISIÓNS
  • NOVAS
    • COMUNICACIÓN
  • AREA CLIENTES
  • TRABALLE CON NÓS
  • CONTACTO
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal
✕
Civis Global aposta pola conservación do patrimonio urbano
06/11/2016
Novembro 2016 | Inauguración da nave multiusos (Nave H) construída por Civis Global para Zona Franca de Vigo
15/11/2016

Civis Global inaugura a maior planta loxística de automoción en Vigo

Nave Multiusos Balaídos-fachada principal

Fachada principal da nave multiusos construída para PSA Peugeot-Citroën, en Zona Franca Balaídos.

09.11.2016

A Zona Franca de Vigo e PSA Peugeot Citroën inauguraron hoxe a maior instalación industrial construída integralmente por Civis Global na área industrial de Balaídos (Vigo). Trátase dunha nave multiusos para loxística e estacionamento de vehículos de 42.000 metros cadrados (denominada Nave H de Balaídos) e que foi realizada pola nosa compañía nun prazo de 12 meses.

O proxecto, desenvolto na superficie de 15.000 m2 dispoñible, dispón de tres plantas con dous usos diferenciados: unha zona de loxística e dúas plantas de aparcadoiro con capacidade para 1.242 prazas, entre coches e motos.

Civis Global empregou solucións de última xeración en deseño, seguridade e enxeñería, incluíndo a instalación de 29 enormes cerchas, de 60 metros de longo e entre 40 Tm e 60 Tm de peso cada unha. A nova nave é ecoeficiente, tanto polos materiais empregados como polo sistema de placas solares de autoabastecemento enerxético. O acabado da fachada combina materiais duros, como formigón ou recubrimentos, e xardíns verticais, para funcionar como espazo de transición entre a zona urbana e deportiva (está fronte ao estadio de fútbol de Balaídos) e o polígono industrial do automóbil.

Civis Global está a potenciar a súa división de obras industriais, onde tamén constrúe unha gran planta de compoñentes do automóbil para o grupo Antolín en Portugal e ten desenvolto recentemente instalacións empresariais para Citic Censa, industrias químicas e plantas pesqueiras.

A planta baixa, está destinada a loxística e ocupa uns 12.000 m2 que integra zona de almacén, área de baterías (para vehículos eléctricos de traballo) e zonas sociais. A zona de aparcadoiro, na primeira planta e a cuberta, conta cunha superficie de case 30.000 m.2

A zona de cuberta conta tamén cunha instalación de 195 paneis fotovoltaicos que cobren unha superficie de máis de 300 m2 cunha potencia instalada de 48,75 kW.

Civis Global empregou a 600 profesionais nas distintas fases da obra, executada en 12 meses, cunha media de 100 persoas ao día. Para asegurar unha política común en materias de seguridade para o persoal dos diferentes provedores, todos eles recibiron formación específica en seguridade. Executáronse accións concretas para prevención de riscos nalgunhas tarefas máis críticas (carretillas ou traballos en altura).

Durante os meses que duraron os traballos usáronse sistemas avanzados de xestión da información para coordinar o traballo das empresas implicadas nunha web colaborativa.

O resultado é un proxecto industrial que dá solución integral ás necesidades específicas dunha planta de automoción nun tempo récord.


Civis Global es un grupo gallego con sede en Vigo dedicado a la construcción y servicios. Está especializado en grandes infraestructuras públicas y privadas, así como en la rehabilitación de edificios y espacios urbanos y en la prestación de servicios.

Vigo


Estrada de Madrid, 150, Local 1D.
36214 Vigo, Pontevedra.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

A Coruña


Enrique Mariñas Romero 32. 5º
15009, A Coruña.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Asturias-Castilla y León


Avda. Pumarín 9 - 1º C.
33001 Oviedo.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Portugal


Avda. Miguel Dantas -Edif. Status, 1 andar, Loja 344930-678 VALENÇA.
986 48 11 00
info@civisglobal.com
© 2018 Civis Global | Política de Privacidad-Aviso legal | Política de cookies
Galego
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in settings.

Civis Global
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies