Un operario manexa unha máquina sopradora para limpar unha zona do Camiño Portugués a Santiago
7.7.2021
A construtora Civis Global renovará o contrato de servizos que mantén coa Axencia Galega de Turismo para realizar todos os traballos de mantemento e conservación do Camiño de Santiago, tanto no tramo Portugués como no de Fisterra e Muxía.
O traballo, iniciado no ano 2019 , desenvolve ao longo de máis de 350 kilómetros de itinerarios naturais unha gran variedade de intervencións de limpeza e tamén de preparación e reparación de firmes.
Os equipos profesionais encargados do servizo traballan con maquinaria específica para as distintas funcións.
Moitas das actuacións consisten en instalar conducións con tubaxes ou perpiaño para evitar a deterioración do firme destes camiños tradicionais pola auga de chuvia ou das vías de auga naturais. Xeralmente reponse o camiño con saburra compactada con máquinas apisoadoras para manter o seu aspecto.
A finalidade de todas estas actuacións é conservar a vía en condicións para o gozo dos peregrinos.