
A avenida de Vigo ao seu paso pola zona central de Chapela antes das obras de urbanización.


A avenida de Vigo ao seu paso pola zona central de Chapela antes das obras de urbanización.
10.04.2017
A construtora galega Civis Global é a encargada das obras de remodelación e rehabilitación do principal tramo da travesía urbana da PO-323, que circula polo barrio de Chapela (Redondela – Pontevedra). A estrada que une Redondela e Vigo tense convertido nunha auténtica vía urbana, actualmente denominada Avenida de Vigo.
A actual remodelación configura o vial ampliando o espazo para peóns nas beirarrúas ao longo dun recorrido de aproximadamente un kilómetro e reducindo a calzada para paso de vehículos. As obras inclúen ademais a realización de dúas áreas de cambio de sentido nos extremos do traxecto en rehabilitación: o acceso á praia de Arealonga (rúa San Telmo) e a baixada ás instalacións da empresa Pescanova (rúa José Fernández López).
A mellora da accesibilidade xeral vai acompañada de actuacións para o embelecemento con xardineiras e arborado. Tamén está previsto mellorar os accesos ao actual apeadeiro do ferrocarril, para homoxeneizalo co aspecto xeral da zona rehabilitada.
A actuación da empresa construtora viguesa inclúe cambios das redes de saneamento e abastecemento de augas, canalizando mesmo varios cursos de auga existentes neste área periurbana, con numerosas vivendas unifamiliares en zonas de campo.
Tamén afróntanse traballos para o soterramento de parte das liñas eléctricas que actualmente circulan adosadas ás fachadas.
As obras agora en marcha, adxudicadas pola Xunta de Galicia, teñen un prazo de execución de 18 meses. Civis Global é unha das mellores empresas en melloras e rehabilitacións en áreas urbanas, con accións destacadas en cidades galegas (Vigo, Santiago) e en Perú (Marcahuasi, Lima).
This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.
Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.
If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.
This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.
Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.
Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!
Más información sobre nuestra política de cookies