
Vista do área urbanizada no barrio de Bouzas, coa nova praza pública e unha das zonas verdes creada entre os edificios.
19.5.2025
Coa urbanización da superficie urbana do Plan Especial de Protección e Reforma Interior en Bouzas (PEPRI), a zona central do barrio vigués gaña 2.500 m2 para vivendas e dotacións.
O área reformada atópase entre as rúas Tomás Alonso e Covadonga. Unha zona na que se realizaron traballos previos de demolición para remodelar e establecer os novos usos da superficie.
A nova urbanización divide o espazo en cinco zonas para edificación cun total aproximado de 1.200 m2 para vivendas e dotacións. Todo o conxunto está acabado nun pavimento prefabricado de formigón con diferentes cores que forman un mosaico específico para a zona peonil, e unha zona de formigón semipulido para os accesos de tráfico rodado.
No centro do área urbanizada sitúase unha zona axardinada plantada con arces e ginkgos, que xunto as xardineiras que bordean a actuación suman uns 300 m2 de zona verde.
A instalación de bancos, papeleiras e báculos para a iluminación converten este espacio nunha nova praza no barrio de Bouzas.
Tamén completouse unha zona de praza accesible desde a rúa Covadonga que salva un desnivel existente mediante unha rampla e está delimitada cunha varanda perimetral de forxa.
Ademais da rede completa de saneamento cuns vinte pozos de rexistro para augas pluviais e de saneamento, a obra executada inclúe toda a infraestrutura para as dotacións básicas (abastecemento de augas, electricidade, comunicacións, etc).



