4.5.2026
Civis Global leva a cabo unha serie de obras para acondicionar areais de Praia América-Panxón (Vigo), Major e Areas en Sanxenxo e Agrelo en Bueu, tras o paso do tren de tormentas no inverno.
A execución desta serie de obras en cadea comeza coa recuperación do areal de Praia América-Panxón, onde os temporais desprazaron grandes cantidades de area, deteriorando a zona dunar.
Os traballos consistiron no perfilado de novo da pendente da zona de praia seca, o desprazamento da area acumulada no areal central mediante dúas escavadoras para posteriormente botala cunha retroescavadora e o traballo de dous grandes camións dúmpers articulados ou “lagartos”.
Ademais, traballamos para reconducir o río Muíños, cuxa canle fora desprazada pola acción do mar, ameazando a zona dunar, e desviándoa para que a súa desembocadura reduza a erosión nas zonas máis sensibles.
Civis Global conta cunha ampla experiencia en traballos no límite marítimo-costeiro, con obras de remodelación e infraestruturas, e actuacións portuarias.









