logocivisnormallogocivisnormallogocivisnormallogocivisnormal
  • O GRUPO
  • DIVISIÓNS
  • NOVAS
    • COMUNICACIÓN
  • AREA CLIENTES
  • TRABALLA CON NÓS
  • CONTACTO
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal
✕
Civis Global optimiza a xestión de residuos para Sogama cunha planta en A Lama
04/09/2023
Civis Global destaca como empresa circular e innovadora nos indicadores ARDAN
31/10/2023

Civis Global constrúe un paseo natural que baixa ao mar no borde marítimo de Bouzas

Vista del Paseo marítimo de Bouzas con zonas de piedra, jardines con tumbonas y paseo de madera junuto al mar

Unha zona do paseo de Bouzas, con xardíns e tumbonas entre o sendeiro de terra e o a zona de madeira xunto ao mar.

5.10.2023

A obra executada por Civis Global para o novo paseo de Bouzas en Vigo é unha destacada actuación de reforma urbana realizada na confluencia do dominio marítimo terrestre coa cidade. A actuación crea un novo espazo naturalizado de 8.000 m² para o ocio urbano xunto ao mar.

O proxecto supón a renovación e mellora de toda a infraestrutura básica existente, tanto o saneamento urbano como os servzos de auga, luz, electricidade ou comunicacións, instalando as novas conducións ao longo dun traxecto de 200 metros no borde marítimo de Bouzas, entre a igrexa de San Miguel e o viaduto da G-20.

A remodelación habilita un espazo para o paseo que integra as distintas zonas de uso e destaca as instalacións singulares. Todo o conxunto conta cun mobiliario específico e fabricado sobre o terreo en formigón branco, que combina funcións de bancos ou tumbonas e nalgúns casos adopta formas escultóricas integradas na paisaxe.

Premio Gran de Area 2023

A obra do Paseo Marítimo de Bouzas ten sido galardoada en 2023 co Premio Gran de Area do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) pola rexeneración dunha fronte marítima deteriorada que recupera a esencia do lugar aplicando diferentes solucións  estratéxicas, aportando enerxía e vida, potenciando os valores naturais do litoral, a protección do patrimonio e a conexión directa e accesible dos veciños da cidade ao mar.

Destacando o patrimonio

Nun primeiro tramo, máis urbano e patrimonial, o pavemento de granito alterna no interior coa madeira de elondo, que discorre xunto ao mar na totalidade do recorrido. O traxecto está salpicado con pequenas zonas axardinadas e unha serie de instalacións con pérgolas. Son lugares para o encontro e a hostalería que contan cun sistema específico de iluminación para realzar as fachadas máis patrimoniais.

Sensación de natureza

O paseo desemboca a continuación na zona máis naturalizada, onde o pavimento se convirte en sendeiro de terra rematado en xabre e salpicado de illas de vexetación con plantación de especies autóctonas. Entre elas destacan os bidueiros e salgueiros de gran porte que se conservaron durante a execución das obras.

Graderío con acceso ao mar

Neste tramo central destaca un graderío con bancadas en formigón que descenden ata a praia e comunican o paseo co mar. Ademais construíuse unha rampla lonxitudinal reaproveitando unha escolleira existente para facilitar a accesibilidade completa á zona de gradas. É o elemento máis destacado e complexo, ao estar construído nunha zona de marea. Unha instalación polivalente para o baño ou o descanso, que reduce os custes de mantemento do paseo.

Xardín vertical

O final de paseo xunto á VG-20 acaba bordeando unha pequena zona de praia que agora queda enmarcada nun xardín vertical disposto ao longo do tramo.

A construtora Civis Global ten desenvolto importantes obras de reforma urbana como a remodelación da Praza de Armas en Ferrol ou a Porta do Sol en Vigo, ademais de construír sendas peatonals e ciclistas (A Ramallosa-Gondomar) ou paseos sostibles en zonas naturais como o Camiño Portugués a Santiago.

El paseo a vista de pájaro


Civis Global es un grupo gallego con sede en Vigo dedicado a la construcción y servicios. Está especializado en grandes infraestructuras públicas y privadas, así como en la rehabilitación de edificios y espacios urbanos y en la prestación de servicios.

Vigo


Estrada de Madrid, 150, Local 1D. 36214 Vigo, Pontevedra.


986 48 11 00


info@civisglobal.com


Asturias


Avda. Pumarín 9 - 1º C. 33001 Oviedo.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

Santiago


Avda. Rodríguez de Viguri 45.  15704 Santiago.


881 189 705


info@civisglobal.com


Castilla y León


Avda. Calle Propano 12 – Pol. San Cristóbal. 47012 Valladolid.


986 48 11 00


info@civisglobal.com

A Coruña


Enrique Mariñas Romero 32. 5º 15009, A Coruña.


986 48 11 00


info@civisglobal.com


Portugal


242 Rua de Júlio Dinis 242
3º andar - Escritorio 301

4050-318 Porto
+351 936 364 953
info@civisglobal.com
© 2018 Civis Global | Política de Privacidad-Aviso legal | Política de cookies | Canal interno de información
Galego
  • Spanish
  • Galego
  • Portuguese, Portugal

We are using cookies to give you the best experience on our website.

You can find out more about which cookies we are using or switch them off in settings.

Civis Global
Powered by  GDPR Cookie Compliance
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.

Strictly Necessary Cookies

Strictly Necessary Cookie should be enabled at all times so that we can save your preferences for cookie settings.

If you disable this cookie, we will not be able to save your preferences. This means that every time you visit this website you will need to enable or disable cookies again.

3rd Party Cookies

This website uses Google Analytics to collect anonymous information such as the number of visitors to the site, and the most popular pages.

Keeping this cookie enabled helps us to improve our website.

Please enable Strictly Necessary Cookies first so that we can save your preferences!

Política de cookies

Más información sobre nuestra política de cookies